Ola a todos e benvidos por última vez ao blog, como xa vos informou Lucía o martes, o blog vai chegar ao seu final, espero que vos gustaran e que disfrutarades as entradas tanto como nós o fixemos escribíndoas. Douvos as gracias por seguirnos semana tras semana e por ler tanto as entradas de poesía como as biográficas da miña compañeira. Pois ben, con esta entrada pechamos o blog, e sen máis que engadir pola miña parte despídome de todos vós.
- Mª José.
17/3/16
15/3/16
Un último saudo.
Queridos lectores:
Sinto moito ter que anunciar a miña retirada como escritora no apartado biográfico, dentro do noso blog. Todo o tema da páxina web resultou ser algo marabilloso, a ilusión de chegar a casa todos os martes e comenzar a redacción dunha nova entrada é unha sensación inexplicable. Cando comezamos co proxecto, teño que recoñecer que tiña moitas dúbidas sobre a organización e publicación das entradas pero a máis frecuente de todas e o meu propósito era intentar que as miñas publicacións gustasen e impulsasen a xente a ser lidas. O blog axudoume a lanzarme no tema da escritura en Galego e grazas a el tamén aprendín moitas cousas sobre un escritor de orixe galega destacado dentro da sociedade , Don Manuel María. Grazas as poesías da miña compañeira de traballo, María Xosé puden disfrutar da riqueza da Literatura Poética Galega. Xa para rematar, grazas a aqueles que se molestaron en ler as nosas entradas.
- Lucía.
4/3/16
Miño canle de luz e néboa III
Ola e benvidos a unha nova entrada literaria do blog, que vai ser a derradeira deste poemario, e vou rematalo cun poema no que Manuel María fala do río Miño.
O deus Minius, nas orixes do tempo,
percurou, con teimuda paixón,
o lugar máis fermoso do universo:
non atopou nada que puidera
compararse, nin de lonxe, con Galiza.
Despois de contemplala longamente
namorouse dela para sempre.
Co desexo total de poseela
fíxose poderosísimo lóstrego
e caeu sobor da terra, feríndoa
co seu divino lume.
A terra
recibiuno, humilde e conmovida,
abriulle os brazos, o corazón,
todo o seu ser...
E fundíronse
nunha aperta perfecta, indisoluble.
O lóstrego volveuse auga cantora,
materia de orballos e de bágoas.
A terra ofrendoulle ó apaixonado río
o seu corpo xentil e feminino.
E o río deulle á terra xenerosa
a súa forza de deus omnipotente.
Cecais foi Roma quen primeiro intentou
domar, domesticar, disciplinar ó Miño
impoñéndole, ás libérrimas ondas,
o oprobioso xugo das súas pontes
aínda en pe as de Lugo e Ourense
desafiando xentes, idades e riadas.
Tamén as pontes se fixeron ríos,
organizaron as viaxeiras augas
que pagan portazgo con canciós.
E os seus grandes, alucinados ollos,
contemplan e vixían alertados
ós peixes, ós xacios e ás nereidas.
Poderoso Pai Miño, antergo e humano deus:
rexeitas os olimpos, ti vives con nós
-e en nós- na terra carnal de cada día
e agromas brinx¡candor, alegre, rumoroso
no Pedregal de Irimia, austero e grave.
Sendo infante, no convento de Meira,
aprendes -rosa rosae- un impuro latín
labrego e bárbaro e conservas fielmente
un misterioso, nobre, escuro acento.
Na infinita Terra Chá de lentos rimos
oficias a liturxia dos salgueiros,
da delicada e xentil abidueira,
dos ameneiros, freixos e carballos
no medio dun silencio irreplochable
e dun ceo tan gris que sobrecolle:
as cousas escóitano asombradas
e o universo non ousa respirar.
Cando chegas a Lugo, feito un home,
salvadas as portas da muralla,
urbanízaste
e, usando as leis de Roma,
os claros milagres de San Telmo
considerando, calado e reverente,
a purísima inocencia de San Paio
mentras un non saber, salgadoe luminoso,
che vai enchendo de sombra o corazón.
Existe un Miño poderoso e terrestre.
Mais a intuición e o sentimento
estannos a dicir moi claramente que
o Camiño de Santiago ou Vía Láctea
é o Miño celeste:
un río de luz
polo que, un día, habemos navegar.
- Mª José
1/3/16
Infancia e xuventude de Manuel María.VI.
Capitulo.VI.
Como comentei na entrada anterior sobre infancia e xuventude de Manuel María, o noso autor foronlle otorgados una gran variedade de premios completamente distintos. Poderíamos destacar: Pedrón de Ouro otorgado no ano 1994 na Casa Museo de Rosalía de Castro. O día 15 de stembro de 1995 a Asociación Socio-Pedagóxica Galega decidiu homenxar a Don Manuel María no teatro de Rosalía de Cast6ro. Durante a vida de Don Manuel María for galardoneado cunha gran vareiedade de premios diferentes, polos sentimentos que transmitían os seus escritos. Gustaríame destacar a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizou en Outeiro de Rei a homenaxe "O escritor na súa terra" que supuxo a plantación dun carballo, o descubrimento dunha pedra conmemorativa e a inauguración dunha rúa co nome do poeta.
Continuára...
-Lucía
25/2/16
O Miño canle de luz e néboa II
Ola a todos e bnvidos de novo outro xoves. Como xa prometín a semana pasada, hoxe vos traigo outro poema deste libro, tamén do río Sil, pero céntrase no seu tramo en Valdeorras.
Meu vello Sil cantareiro,
meu vello Sil cantador,
¡chegas feliz e riseiro,
marchas riseiro e cantor!
Meu vello Sil pelengrín,
viaxeiro e namorado:
¡pasas a ponte en Petín
e ollas ó pazo de Arnado!
Meu vello Sil das canciós,
vagamundo e tarabelo:
¿lembras as vellas lexiós
na ponte de Sobradelo...?
Eu quero que me respondas,
vello Sil das aureanas:
¿aínda viven nas túas ondas
as doces ninfas paganas?
Meu vello Sil dos romanos,
detén o paso, non corras:
¿hai lugares mais humanos
que as terras de Val de Orras?
Ben pois este foi o poema, é máis breve que os demáis que fixen pero espero que vos gustara e que disfrutárades lendo este poema.
- María José.
Meu vello Sil cantareiro,
meu vello Sil cantador,
¡chegas feliz e riseiro,
marchas riseiro e cantor!
Meu vello Sil pelengrín,
viaxeiro e namorado:
¡pasas a ponte en Petín
e ollas ó pazo de Arnado!
Meu vello Sil das canciós,
vagamundo e tarabelo:
¿lembras as vellas lexiós
na ponte de Sobradelo...?
Eu quero que me respondas,
vello Sil das aureanas:
¿aínda viven nas túas ondas
as doces ninfas paganas?
Meu vello Sil dos romanos,
detén o paso, non corras:
¿hai lugares mais humanos
que as terras de Val de Orras?
Ben pois este foi o poema, é máis breve que os demáis que fixen pero espero que vos gustara e que disfrutárades lendo este poema.
- María José.
23/2/16
Infancia e xuventude de Manuel María.V.
Capitulo.V.
Publicou libros de literatura infantil. Ademais da que escribiu, tamén redactou ensaios sobre Bouza Brey, Celso Emilio, Gabriel Aresti ou Crecente Vega. Publicou centos de artigos e algunhas pezas de teatro en xornais e revistas galegas ou de fóra, un claro exemplo é El Ideal Gallego ou meso El Correo Gallego.Unha das últimas campañas coas que colaborou foi coa Burla Negra, hacendo referencia ao desastre petroleiro do barco Prestige. Aquela desastre que aconteceu o 13 de novembro do 2002 e o que produciu a tan coñecida marea negra que manchou a costa galega. Ao longo da súa vida Manuel María foi recoñecido e galardonado con numerosos premios, un exemplo é Celanova, casa dos poeta, outorgado no ano 1990.
Continuará...
-Lucía.
18/2/16
O Miño canle deluz e néboa I
Porque eu nacín tan lonxe
quero morrer galego.
Teño posta a lembranza
no lugar de Cuetos Albos
onde teño un fundamento.
Logo as hortas do Bierzo,
de Covas e Pardollar.
¡Terras metidas en min
que non se me esquecerán!
Formo e conformo a paisaxe,
arrolo o viño na vide,
comigo levo a saudade
de moitos pobos e vilas:
¡Pumares e Val de Orras,
Montefurado, Sequeiros,
Quiroga, San Clodio, Rairos,
Nogueira, Amandi, Pombeiro!
Bibei, Soldón, Lor e Cabe
traénme, no seu caudal,
ledas canciós que compiten
coa ave mais principal.
Chego, por fin, ós Peares
para poder descansar:
o Miñobótame ó lombo
e sen máis... ¡lévame ó mar!
Espero que vos gustar este poema, é moi probable que escriba máis poemas deste libro, posto que en xeral gústanme moito as súas poesías. Esto foi todo por hoxe e ata a próxima.
- María José.
Infancia e xuventude Manuel María.IV.
Capitulo.IV.
Ao rematar o servizo
militar volveu a Lugo, onde se preparou para Procurador dos Tribunais desde
1953. No ano seguinte, gañou os Xogos Florais de Ourense e coñeceu algúns dos
máis importantes intelectuais ourensáns. Nos anos seguintes participou en diversos certames
poéticos.
En maio de 1959 casou con
Saleta Goi García, a muller que o acompañou en na maior parte dos seus
proxectos.
Nos anos sesenta a poesía
e a narrativa de Manuel María avanzou desde unha voz existencialista ou
pesimista cara ao compromiso social. Formou parte da UPG e da Fronte Cultural da ANPG.
No ano 1970, Manuel María e Saleta abriron en Monforte a Libraría
Xistral, era máis que unha tenda, era
coma centro de dinamización cultural. A súa produción literaria non se viu afectada a
causa da implicación política.
Continuará...
-Lucía.
¡Unha entrada tarde!
Queridos lectores:
Son Lucía, sinto moito no haber podido subir unha entrada o pasado martes. Tiven un pequeno inconveniente co meu correo electrónico, este impediame publicar entradas. Pero xa está solucionado.
- Gracias, Lucía.
11/2/16
Escola da Tebra
Ola, e benvidos de novo ao noso blog, hoxe, xoves, tócame falr de literatura, neste caso sobre a Escola da Tebra. A Escola da Tebra ven sendo unha das principais correntes dentro da poesía galega posterior á Guerra Civil Española, corrente que foi "inaugurada" por Manuel María.
Unha das características principais da Escola da Tebra foi a angustia e a soidade que expresaba o escritor a través dos seus versos.
Nesta corrente tivo un papel moi importante a influencia da filosofía existencialista de Martin Heidegger e Karl Jaspers, e tamén a obra de Jean-Paul Sartre e Albert Camus.
Como xa dixen antes, esta corrente foi inaugurada por Manuel María, concretamente pola publicación do seu primeiro poemario Muiñeiro de Brétemas, en 1950.
Os principais compoñentes desta Escola serían, aparte de Manuel María, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Bernardino Graña, entre outros. Todos eles tiñan en común unha mesma cousa: participaron na creación da fundación Unión do Pobo Galego e do Partido Socialista Galego.
En moitos casos, a poesía da Escola da Tebra o que pretende é liberar a dor causada pola inxustiza coa que é tratada a lingua galega dentro de España naquela época.
Aquí remata a miña entrada de hoxe, espero que vos gustara. Ata a vindeira semana!
- María José
Unha das características principais da Escola da Tebra foi a angustia e a soidade que expresaba o escritor a través dos seus versos.
Nesta corrente tivo un papel moi importante a influencia da filosofía existencialista de Martin Heidegger e Karl Jaspers, e tamén a obra de Jean-Paul Sartre e Albert Camus.
Como xa dixen antes, esta corrente foi inaugurada por Manuel María, concretamente pola publicación do seu primeiro poemario Muiñeiro de Brétemas, en 1950.
Os principais compoñentes desta Escola serían, aparte de Manuel María, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Bernardino Graña, entre outros. Todos eles tiñan en común unha mesma cousa: participaron na creación da fundación Unión do Pobo Galego e do Partido Socialista Galego.
En moitos casos, a poesía da Escola da Tebra o que pretende é liberar a dor causada pola inxustiza coa que é tratada a lingua galega dentro de España naquela época.
Aquí remata a miña entrada de hoxe, espero que vos gustara. Ata a vindeira semana!
- María José
8/2/16
Infancia e xuventude de Manuel María.III.
Capitulo.III.
No ano 1952, a morte por atropelo do seu irmán Xesús María aos 13 anos de idade multiplicou certa angustia, iso favorecu a creación do Libro dos Pregos, un conxunto de poemas premiado de Bos Aires no ano 1955 e publicado con certos cambios oito anos despois. Mais tarde co seu amigo Uxío Novoneyra realizou o servizo militar en Santiago de Compostela. Nesa época os dous achegoronse ao pintor Carlos Maside, que o introduciu nas teses marxistas. Tamén participou no faladoiro do Café Español a carón de Borobó, Bouza Brey, Ramón Lugrís, García Sabell, Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo... E oputros máis novos como Pura Vázquez Cesta, Celso Emilio ou Xosé Manuel Beiras. Manuel María era coñecido nos centros culturais do país e participaba en numerosos recitais de poesía nos anos 50.
Continuará...
-Lucía
5/2/16
Canto á Terra Cha
Ola a todos de novo e benvidos ó blog. Hoxe na miña entrada vou escribir un poema de Manuel María, Canto á Terra Cha tampouco quero que a entrada sexa moi longa. Dito isto, aí vai o poema:
¡Ouh miña Terra Cha, amada dende lonxe,
povoada de ventos e carpazas,
por onde o Miño pasa caladiño
pra non despertar de tanto silencio
que envolve bruscamente ceo e terra!
que non se dan medidas cunha ollada:
lévovosno fondo da lembranza
alumando os meus días, intre a intre!
¡Terras de Vilalba e de Cospeito;
Castro de Rei e Outeiro de Rei,
Rábade, Abadín e Pastoriza...!
¡Terras peladas e ásperas de Parga,
gándaras sen fin de Guitiriz...!
¡Serra de San Simón, perto a Vilalba;
Montes do Fitoiro, ollando a Lugo;
Serra de Meira, chantada pró Nacente
e Cordal de Ousá, cara a Friol...!
E aló pola Pastoriza e Monsaibán
os cabalos da grea, desbocados,
gallopando por min antergos soños
que rexurden de novo, nun repente.
¡Feirón de Vilalba!¡Feiras de Castro
Rábade, Moimenta e Ado Monte...!
Aínda o voso rumor na miña alma
resoa cun doce e vello son de muiñeira.
¡Pazo de Sistallo!¡Torres de Vilalba
A Caldaloba, Taboi e máis sobrada;
facedes garda de honor a inmensidade
e velais o misterio e o silencio
que envolve como un manto a miña terra.
¡Festa dos Milagres, en Saavedra,
Santa Sabel de Outeiro de Rei.
Nosa Señora do Monte, de Cospeiro
Raíña da Terra Cha, dos montes sos,
cubertos de pucharcas e carpazas
que teñen a cor escura da tristura!
San Ramón de Vilalba: ¡eres a flor
de tódalas romaxes do país...!
Pro a miña romaxe é a máis humilde:
a Virxe da Saleta, en San Xulián,
onde o silencio é fondo e se oi o Miño
ir co seu paso de boi cara os encoros
que deteñen a súa forza poderosa
coutándolle o camiño do mar ceibe.
¡Ouh xentileza lanzal da abidueira,
branca e esguía como un soño,
que na humilde pucharca se reflexa,
na linfa transparente dos regatos
e nos ríos caudales de augas quedas
que van durmindo ó mar!
Polo inverno
baixo o vento xeado do Cantábrico,
laias fondamente, almiña en pena.
¡Salgueiros e piñeiros, amieiros cor mel
e potentes carballos centenarios
que loitades co vento brazo a brazo!
¡Ouh agros de centeo, terras frías,
coa auga encorada nos madoiros...!
Na Terra Cha todo é puro, elemental.
Homes silandeiros que non teñen
nen sequer palabras pra cantar
e emigran tristeiros e calados
levando a outras terras o silencio
que lles deu a súa terra fatalmente.
Na Terra Cha as cousas nada falan:
a choiva,, cai na terra sen máis nada:
o vento que ven do mar pasa ouveando
e o sol abrasa todo sen piedade
nos días abafantes do Vrao longo.
Mais a beleza grave das chairegas
-o seu van xentil como o do vimbio
e os seus ollos da cor das abelairas-
érguese impresionante en toda a Cha.
Nesta terra só os carros do país
lle dan á paisaxe a súa voz agria
pra que cante segredo, quedamente,
a historia de Lucena e de Valverde,
as dúas cidades malditas, sulagadas
no fondo da Lagoa de Cospeito...
E tamén as campás, co seu acento,
que se alonga soidoso polas gándaras,
enchen de vaga soidá a noa alma.
(¡Ouh verbas inspiradas de Noriega!
¡Versos virxilianos de Aquilino!
¡E razós namoradas de Crecente
que case semellades un silencio!)
Agora eu estou lonxe. E teño señardás
dos berros, case ouveos, das lavercas;
do rumor do Anllo, do Lea e do Azúmara,
do Fabilus, do Ladra e máis do Támboga,
do gando que pace polas Brañas,
dos oleiros de Bonxe e Silvarrei,
dos zoqueiros de Loentia e Formarán,
e dos brutamontes, calados e solemnes,
que baixan, dende Corda e San Simón
vender os queixos louvados de Vilalba
pondo unha nobre gravidade nos feirós.
Agora eu estou lonxe. E teño saudade
dos camiños anchos como estradas
que atravesan os montes soedosos;
dos prados de ouro e seda perto dos ríos;
das falas pausadas dos labregos
de Xustás e Gaibor, que recolleitan
patacas por vagós; das mulleres
vestidas de mouro que, dende Outono,
encerran os capós nas capoeiras
pra matalos, ben cebados, no Nadal
e celebrar como é debido a Noiteboa;
das terras centeeiras que producen
o pan e a seguridá de todo o ano;
dos altos ceos chumbos que ameazan,
coas súas nubes escuras como a morte,
o desamparo dos povos e dos montes,
perdidos na gran inmensidade,
orfa e impresionante da planura...
Agora a Terra Cha é outra terra.
Agora sente o peso dos tractores
e escoita, estantía, como fungan;
como enchen o ar de roucos sons.
A terra, vella e sabia, nada di.
Porque esta terra, sempre despovoada,
-habitada só de vento e choivas,
xeadas, xistras e aves frías-
cecáis non comprende cabalmente
a Colonización, tan aireada
un día e outro día nos xornás...
Eu amo a Terra Cha, sempre tan miña.
Eu amo a Terra Cha tal como é:
¡a súa seiva corre no meu sangue
alúmame, a súa luz, o corazón!
Terra Cha, 1964.
Ben, pois ata aquí a entrada de hoxe espero que vos gustara, e nada máis que dicir pola miña parte. Ata a próxima semana.
- María José.
¡Ouh miña Terra Cha, amada dende lonxe,
povoada de ventos e carpazas,
por onde o Miño pasa caladiño
pra non despertar de tanto silencio
que envolve bruscamente ceo e terra!
que non se dan medidas cunha ollada:
lévovosno fondo da lembranza
alumando os meus días, intre a intre!
¡Terras de Vilalba e de Cospeito;
Castro de Rei e Outeiro de Rei,
Rábade, Abadín e Pastoriza...!
¡Terras peladas e ásperas de Parga,
gándaras sen fin de Guitiriz...!
¡Serra de San Simón, perto a Vilalba;
Montes do Fitoiro, ollando a Lugo;
Serra de Meira, chantada pró Nacente
e Cordal de Ousá, cara a Friol...!
E aló pola Pastoriza e Monsaibán
os cabalos da grea, desbocados,
gallopando por min antergos soños
que rexurden de novo, nun repente.
¡Feirón de Vilalba!¡Feiras de Castro
Rábade, Moimenta e Ado Monte...!
Aínda o voso rumor na miña alma
resoa cun doce e vello son de muiñeira.
¡Pazo de Sistallo!¡Torres de Vilalba
A Caldaloba, Taboi e máis sobrada;
facedes garda de honor a inmensidade
e velais o misterio e o silencio
que envolve como un manto a miña terra.
¡Festa dos Milagres, en Saavedra,
Santa Sabel de Outeiro de Rei.
Nosa Señora do Monte, de Cospeiro
Raíña da Terra Cha, dos montes sos,
cubertos de pucharcas e carpazas
que teñen a cor escura da tristura!
San Ramón de Vilalba: ¡eres a flor
de tódalas romaxes do país...!
Pro a miña romaxe é a máis humilde:
a Virxe da Saleta, en San Xulián,
onde o silencio é fondo e se oi o Miño
ir co seu paso de boi cara os encoros
que deteñen a súa forza poderosa
coutándolle o camiño do mar ceibe.
¡Ouh xentileza lanzal da abidueira,
branca e esguía como un soño,
que na humilde pucharca se reflexa,
na linfa transparente dos regatos
e nos ríos caudales de augas quedas
que van durmindo ó mar!
Polo inverno
baixo o vento xeado do Cantábrico,
laias fondamente, almiña en pena.
¡Salgueiros e piñeiros, amieiros cor mel
e potentes carballos centenarios
que loitades co vento brazo a brazo!
¡Ouh agros de centeo, terras frías,
coa auga encorada nos madoiros...!
Na Terra Cha todo é puro, elemental.
Homes silandeiros que non teñen
nen sequer palabras pra cantar
e emigran tristeiros e calados
levando a outras terras o silencio
que lles deu a súa terra fatalmente.
Na Terra Cha as cousas nada falan:
a choiva,, cai na terra sen máis nada:
o vento que ven do mar pasa ouveando
e o sol abrasa todo sen piedade
nos días abafantes do Vrao longo.
Mais a beleza grave das chairegas
-o seu van xentil como o do vimbio
e os seus ollos da cor das abelairas-
érguese impresionante en toda a Cha.
Nesta terra só os carros do país
lle dan á paisaxe a súa voz agria
pra que cante segredo, quedamente,
a historia de Lucena e de Valverde,
as dúas cidades malditas, sulagadas
no fondo da Lagoa de Cospeito...
E tamén as campás, co seu acento,
que se alonga soidoso polas gándaras,
enchen de vaga soidá a noa alma.
(¡Ouh verbas inspiradas de Noriega!
¡Versos virxilianos de Aquilino!
¡E razós namoradas de Crecente
que case semellades un silencio!)
Agora eu estou lonxe. E teño señardás
dos berros, case ouveos, das lavercas;
do rumor do Anllo, do Lea e do Azúmara,
do Fabilus, do Ladra e máis do Támboga,
do gando que pace polas Brañas,
dos oleiros de Bonxe e Silvarrei,
dos zoqueiros de Loentia e Formarán,
e dos brutamontes, calados e solemnes,
que baixan, dende Corda e San Simón
vender os queixos louvados de Vilalba
pondo unha nobre gravidade nos feirós.
Agora eu estou lonxe. E teño saudade
dos camiños anchos como estradas
que atravesan os montes soedosos;
dos prados de ouro e seda perto dos ríos;
das falas pausadas dos labregos
de Xustás e Gaibor, que recolleitan
patacas por vagós; das mulleres
vestidas de mouro que, dende Outono,
encerran os capós nas capoeiras
pra matalos, ben cebados, no Nadal
e celebrar como é debido a Noiteboa;
das terras centeeiras que producen
o pan e a seguridá de todo o ano;
dos altos ceos chumbos que ameazan,
coas súas nubes escuras como a morte,
o desamparo dos povos e dos montes,
perdidos na gran inmensidade,
orfa e impresionante da planura...
Agora a Terra Cha é outra terra.
Agora sente o peso dos tractores
e escoita, estantía, como fungan;
como enchen o ar de roucos sons.
A terra, vella e sabia, nada di.
Porque esta terra, sempre despovoada,
-habitada só de vento e choivas,
xeadas, xistras e aves frías-
cecáis non comprende cabalmente
a Colonización, tan aireada
un día e outro día nos xornás...
Eu amo a Terra Cha, sempre tan miña.
Eu amo a Terra Cha tal como é:
¡a súa seiva corre no meu sangue
alúmame, a súa luz, o corazón!
Terra Cha, 1964.
Ben, pois ata aquí a entrada de hoxe espero que vos gustara, e nada máis que dicir pola miña parte. Ata a próxima semana.
- María José.
2/2/16
Infancia e xuventude de Manuel María.II.
Capitulo II.
Na época da adolescencia aviváronse as inquietudes intelectuais do noso autor, ao entrar en contacto co doutor Luís Pimentel.No ano 1949 os seus versos comenzaronse a expoñer na revista de poesía Xistral fundada por Luís Pimentel, e o seu primeiro libro Muñeiro de Brétemas publicouse no ano 1950. Nesa época o autor contaba só con 19 anos. Nese momento pasou a ser o autor máis novo que publicaba en galego na posguerra. O seu poemario inagurou a denominada Escola Da Tebra.
O seu desexo era estudar Filosofía pero a vóntade do tío levouno a matricularse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1951. É no ano 1952 cando publica outro libro de poemas chamado Morrendo a cada intre.
Continuará...
-Lucía
28/1/16
Obras de Manuel María
Ola a todos e benvidos a unha nova entrada do blog, son María José e eu vou publicar os xoves e vouvos falar sobre as obras literarias de Manuel María. Na primeira entrada seria que publico decidín facer un pequeno recopilatorio dos libros ou poemarios máis importantes deste escritor, dito esto, imos comezar.
Poemarios:
- Muiñeiro de brétemas (1950)
- Morrendo a cada intre (1952)
- Terra cha (1954)
- Advento (1954)
- Mar Maior (1963)
- Os soños na gaiola (1968)
- Cantos rodados para alleados e colonizados (1973)
- O Miño, canle de luz e néboa (1996)
Obras dramáticas:
- Auto do taberneiro (1957)
- Auto do mariñeiro (1961)
- Barriga Verde (1970)
- Unha vez foi o trebón (1976)
- Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada berenguela (1979)
- Auto trascendental do ensino tradicional (1979)
- Farsa de Bululú (1979)
Intentei poñer máis ou menos o mesmo número de obras dramáticas que de poemarios, pero non puiden porque, como xa se sabe, Manuel María é famoso sobre todo polos seus poemas, e tiven que reducir moito os poemarios que puxen, sen embargo,puxen todas as súas obras dramáticas.
Seguramente na próxima entrada falarei un pouco máis a fondo dalgunha das súas obras ou escribirei algúns dos seus poemas.
Pois ben, esto foi todo por hoxe, espero que vos gustara e ata o próximo xoves.
- María José
26/1/16
Infancia e xuventude de Manuel María.I.
Capitulo I.
Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 de outubro do 1929 en Outeiro de Rei en Lugo. Era o fillo de Antonio Fernández Núñez e Pastora Teixeiro Casanova, pertence a unha familia labrega acomodada. Cursou o primeiro ensino en Rábade, na outra beira do Miño. Manuel María trasladouse a vivir a Lugo co seu tío Xosé Fernández ata o ano 1958, cando se instala en Monforte. Cursou o ensino secundario entre o Instituto Masculino e o colexio dos Maristas da cidade de Lugo. Comezoua entrar en contacto co poeta do Courel, Uxío Novonyera
Continuará...
-Lucía
19/1/16
Queridos lectores.
Queridos lectores:
- Lucía.
O meu nome é Lucía son a outra administradora deste blog. Como dixo a miña compañeira María José entre as dúas falaremos a través de diversas entradas sobre a vida e obras de Manuel María. Teño como propósito persoal intentar subir unha entrada por semana. A partir do día da publicación desta entrada.
16/1/16
Benvidos!
Pois ola a todos, comezarei presentándome, eu son María José, e son unha das administradoras deste blog, e son a encargada de darvos a benvida e de contarvos un pouquiño de que vai ir o blog. Ben, eiquí a miña compañeira Lucía e máis eu subiremos entradas falando da vida, tanto literaria como persoal, do escritor Manuel María, autor de Terra Chá e doutras moitas obras. O primeiro poemario que publicou foi Muiñeiro de Brétemas, do que sae o título do blog. Esta entrada é só informativa, pero na próxima xa falaremos máis do que é realmente este escritor, ao que se dedica o día das Letras Galegas este ano.
- María José.
- María José.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)