15/3/16

Un último saudo.

Queridos lectores:

Sinto moito ter que anunciar a miña retirada como escritora no apartado biográfico, dentro do noso blog. Todo o tema da páxina web resultou ser algo marabilloso, a ilusión de chegar a casa todos os martes e comenzar a redacción dunha nova entrada é unha sensación inexplicable. Cando comezamos co proxecto, teño que recoñecer que tiña moitas dúbidas sobre a organización e publicación das entradas pero a máis frecuente de todas e o meu propósito era intentar que as miñas publicacións gustasen e impulsasen a xente a ser lidas. O blog axudoume a lanzarme  no tema da escritura en Galego e grazas a el tamén aprendín moitas cousas sobre un escritor de orixe galega destacado dentro da sociedade , Don Manuel María. Grazas as poesías da miña compañeira de traballo, María Xosé puden disfrutar da riqueza da Literatura Poética Galega. Xa para rematar, grazas a aqueles que se molestaron en ler as nosas entradas.

- Lucía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario