25/2/16

O Miño canle de luz e néboa II

Ola a todos e bnvidos de novo outro xoves. Como xa prometín a semana pasada, hoxe vos traigo outro poema deste libro, tamén do río Sil, pero céntrase no seu tramo en Valdeorras.

Meu vello Sil cantareiro,
meu vello Sil cantador,
¡chegas feliz e riseiro,
marchas riseiro e cantor!

Meu vello Sil pelengrín,
viaxeiro e namorado:
¡pasas a ponte en Petín
e ollas ó pazo de Arnado!

Meu vello Sil das canciós,
vagamundo e tarabelo:
¿lembras as vellas lexiós
na ponte de Sobradelo...?

Eu quero que me respondas,
vello Sil das aureanas:
¿aínda viven nas túas ondas
as doces ninfas paganas?

Meu vello Sil dos romanos,
detén o paso, non corras:
¿hai lugares mais humanos
que as terras de Val de Orras?


Ben pois este foi o poema, é máis breve que os demáis que fixen pero espero que vos gustara e que disfrutárades lendo este poema.

- María José.

No hay comentarios:

Publicar un comentario