18/2/16

O Miño canle deluz e néboa I



Benvidos de novo ao blog, e hoxe veño cun poema do poemario de Manuel María: O Miño canle de luz e néboa. Este en particular é sobre o rúio Sil, chámase: Fala o río Sil.

Porque eu nacín tan lonxe
quero morrer galego.
Teño posta a lembranza
no lugar de Cuetos Albos
onde teño un fundamento.
Logo as hortas do Bierzo,
de Covas e Pardollar.
¡Terras metidas en min
que non se me esquecerán!
Formo e conformo a paisaxe,
arrolo o viño na vide,
comigo levo a saudade
de moitos pobos e vilas:
¡Pumares e Val de Orras,
Montefurado, Sequeiros,
Quiroga, San Clodio, Rairos,
Nogueira, Amandi, Pombeiro!
Bibei, Soldón, Lor e Cabe
traénme, no seu caudal,
ledas canciós que compiten
coa ave mais principal.
Chego, por fin, ós Peares
para poder descansar:
o Miñobótame ó lombo
e sen máis... ¡lévame ó mar!

Espero que vos gustar este poema, é moi probable que escriba máis poemas deste libro, posto que en xeral gústanme moito as súas poesías. Esto foi todo por hoxe e ata a próxima.

- María José.

No hay comentarios:

Publicar un comentario