17/3/16

Pequena despedida

Ola a todos e benvidos por última vez ao blog, como xa vos informou Lucía o martes, o blog vai chegar ao seu final, espero que vos gustaran e que disfrutarades as entradas tanto como nós o fixemos escribíndoas. Douvos as gracias por seguirnos semana tras semana e por ler tanto as entradas de poesía como as biográficas da miña compañeira. Pois ben, con esta entrada pechamos o blog, e sen máis que engadir pola miña parte despídome de todos vós.

- Mª José.

15/3/16

Un último saudo.

Queridos lectores:

Sinto moito ter que anunciar a miña retirada como escritora no apartado biográfico, dentro do noso blog. Todo o tema da páxina web resultou ser algo marabilloso, a ilusión de chegar a casa todos os martes e comenzar a redacción dunha nova entrada é unha sensación inexplicable. Cando comezamos co proxecto, teño que recoñecer que tiña moitas dúbidas sobre a organización e publicación das entradas pero a máis frecuente de todas e o meu propósito era intentar que as miñas publicacións gustasen e impulsasen a xente a ser lidas. O blog axudoume a lanzarme  no tema da escritura en Galego e grazas a el tamén aprendín moitas cousas sobre un escritor de orixe galega destacado dentro da sociedade , Don Manuel María. Grazas as poesías da miña compañeira de traballo, María Xosé puden disfrutar da riqueza da Literatura Poética Galega. Xa para rematar, grazas a aqueles que se molestaron en ler as nosas entradas.

- Lucía.

4/3/16

Miño canle de luz e néboa III

Ola e benvidos a unha nova entrada literaria do blog, que vai ser a derradeira deste poemario, e vou rematalo cun poema no que Manuel María fala do río Miño.

O deus Minius, nas orixes do tempo,
percurou, con teimuda paixón,
o lugar máis fermoso do universo:
non atopou nada que puidera
compararse, nin de lonxe, con Galiza.
Despois de contemplala longamente
namorouse dela para sempre.
Co desexo total de poseela
fíxose poderosísimo lóstrego
e caeu sobor da terra, feríndoa
co seu divino lume.

A terra
recibiuno, humilde e conmovida,
abriulle os brazos, o corazón,
todo o seu ser...

E fundíronse
nunha aperta perfecta, indisoluble.
O lóstrego volveuse auga cantora,
materia de orballos e de bágoas.
A terra ofrendoulle ó apaixonado río
o seu corpo xentil e feminino.
E o río deulle á terra xenerosa
a súa forza de deus omnipotente.

Cecais foi Roma quen primeiro intentou
domar, domesticar, disciplinar ó Miño
impoñéndole, ás libérrimas ondas,
o oprobioso xugo das súas pontes
aínda en pe as de Lugo e Ourense
desafiando xentes, idades e riadas.
Tamén as pontes se fixeron ríos,
organizaron as viaxeiras augas
que pagan portazgo con canciós.
E os seus grandes, alucinados ollos,
contemplan e vixían alertados
ós peixes, ós xacios e ás nereidas.

Poderoso Pai Miño, antergo e humano deus:
rexeitas os olimpos, ti vives con nós
-e en nós- na terra carnal de cada día
e agromas brinx¡candor, alegre, rumoroso
no Pedregal de Irimia, austero e grave.

Sendo infante, no convento de Meira,
aprendes -rosa rosae- un impuro latín
labrego e bárbaro e conservas fielmente
un misterioso, nobre, escuro acento.

Na infinita Terra Chá de lentos rimos
oficias a liturxia dos salgueiros,
da delicada e xentil abidueira,
dos ameneiros, freixos e carballos
no medio dun silencio irreplochable
e dun ceo tan gris que sobrecolle:
as cousas escóitano asombradas
e o universo non ousa respirar.

Cando chegas a Lugo, feito un home,
salvadas as portas da muralla,
urbanízaste
e, usando as leis de Roma,
os claros milagres de San Telmo
considerando, calado e reverente,
a purísima inocencia de San Paio
mentras un non saber, salgadoe luminoso,
che vai enchendo de sombra o corazón.

Existe un Miño poderoso e terrestre.
Mais a intuición e o sentimento
estannos a dicir moi claramente que
o Camiño de Santiago ou Vía Láctea
é o Miño celeste:
un río de luz
polo que, un día, habemos navegar.


- Mª José

1/3/16

Infancia e xuventude de Manuel María.VI.

Capitulo.VI.

Como comentei na entrada anterior sobre infancia e xuventude de Manuel María,  o noso autor foronlle otorgados una gran variedade de premios completamente distintos. Poderíamos destacar: Pedrón de Ouro otorgado no ano 1994 na Casa  Museo de Rosalía de Castro. O día  15 de stembro de 1995 a Asociación Socio-Pedagóxica Galega decidiu homenxar a Don Manuel María no teatro de Rosalía de Cast6ro. Durante a vida de Don Manuel María for galardoneado cunha gran vareiedade de premios diferentes, polos sentimentos que transmitían os seus escritos.  Gustaríame destacar a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizou en Outeiro de Rei a homenaxe "O escritor na súa terra" que supuxo a plantación dun carballo, o descubrimento dunha pedra conmemorativa e a inauguración dunha rúa co nome do poeta.

Continuára...

-Lucía

25/2/16

O Miño canle de luz e néboa II

Ola a todos e bnvidos de novo outro xoves. Como xa prometín a semana pasada, hoxe vos traigo outro poema deste libro, tamén do río Sil, pero céntrase no seu tramo en Valdeorras.

Meu vello Sil cantareiro,
meu vello Sil cantador,
¡chegas feliz e riseiro,
marchas riseiro e cantor!

Meu vello Sil pelengrín,
viaxeiro e namorado:
¡pasas a ponte en Petín
e ollas ó pazo de Arnado!

Meu vello Sil das canciós,
vagamundo e tarabelo:
¿lembras as vellas lexiós
na ponte de Sobradelo...?

Eu quero que me respondas,
vello Sil das aureanas:
¿aínda viven nas túas ondas
as doces ninfas paganas?

Meu vello Sil dos romanos,
detén o paso, non corras:
¿hai lugares mais humanos
que as terras de Val de Orras?


Ben pois este foi o poema, é máis breve que os demáis que fixen pero espero que vos gustara e que disfrutárades lendo este poema.

- María José.

23/2/16

Infancia e xuventude de Manuel María.V.

Capitulo.V.


Publicou libros de literatura infantil. Ademais da que  escribiu, tamén redactou ensaios sobre Bouza BreyCelso Emilio, Gabriel Aresti ou Crecente VegaPublicou centos de artigos e algunhas pezas de teatro en xornais e revistas galegas ou de fóra, un claro exemplo é El Ideal Gallego ou meso El Correo Gallego.Unha das últimas campañas coas que colaborou foi coa Burla Negra, hacendo referencia ao desastre petroleiro do barco Prestige. Aquela desastre que aconteceu o 13 de novembro do 2002 e o que produciu a tan coñecida marea negra que manchou a costa galega. Ao longo da súa vida Manuel María foi recoñecido e galardonado con numerosos premios, un exemplo é Celanova, casa dos poeta, outorgado no ano 1990.

Continuará...

-Lucía.


18/2/16

O Miño canle deluz e néboa I



Benvidos de novo ao blog, e hoxe veño cun poema do poemario de Manuel María: O Miño canle de luz e néboa. Este en particular é sobre o rúio Sil, chámase: Fala o río Sil.

Porque eu nacín tan lonxe
quero morrer galego.
Teño posta a lembranza
no lugar de Cuetos Albos
onde teño un fundamento.
Logo as hortas do Bierzo,
de Covas e Pardollar.
¡Terras metidas en min
que non se me esquecerán!
Formo e conformo a paisaxe,
arrolo o viño na vide,
comigo levo a saudade
de moitos pobos e vilas:
¡Pumares e Val de Orras,
Montefurado, Sequeiros,
Quiroga, San Clodio, Rairos,
Nogueira, Amandi, Pombeiro!
Bibei, Soldón, Lor e Cabe
traénme, no seu caudal,
ledas canciós que compiten
coa ave mais principal.
Chego, por fin, ós Peares
para poder descansar:
o Miñobótame ó lombo
e sen máis... ¡lévame ó mar!

Espero que vos gustar este poema, é moi probable que escriba máis poemas deste libro, posto que en xeral gústanme moito as súas poesías. Esto foi todo por hoxe e ata a próxima.

- María José.